A pasada semana a xuíza Pilar de Lara autorizou aos axentes da Axencia Tributaria a recabar datos fiscais de 60 empresas da provincia da Coruña e Lugo relacionadas coa importante operación anticorrupción Operación Pokémon que leva activa dende o 2012.
Estes días os nomes destas empresas e asociacións comezaron a ser publicadas por mor do levantamento de parte do segredo de sumario, nestes documentos aparecen a Federación Galega de Salvamento e Socorrismo, Federación Galega de Atletismo, a Federación Galega de Baloncesto, o equipo de baloncesto Basquet Coruña, Unilever, Vendex, Eulen, Ranstad e outras 50 empresas.
Segundo recolle o auto da xuíza estas empresas, federacións e asociacións recibían favores e subvencións a cambio de supostas comisións e tamén pagos en forma de contratacións de familiares e amigos dos políticos implicados. Este caso salpica a varios partidos políticos como PSdG, BNG e PPdG pero en especial aos alcaldes e concelleiros do Partido Poular da Coruña e Santiago,onde houbo xa varias renuncias e dimisións por estes supostos subornos e tráfico de influencias, e maila Deputación da Coruña, tamén salpicada.
Na seguinte ligazón podedes ler parte dos emails entre un concelleiro da Coruña e un Conselleiro da Xunta de Galicia enchufan a unha filla dun amigo nas probas para socorristas nas praias da Coruña e que implican tamén a Federación Galega de Socorrismo e Salvamento.
A Operación Pokémon é unha pescuda xudicial desenvolvida en Galicia desde setembro de 2012 en relación con distintos episodios de suposta corrupción, e onde se viron envoltos algúns políticos galegos, como o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, ou o ex concelleiro de Urbanismo de Lugo, Francisco Fernández Liñares. Foron imputadas preto dun centenar de persoas entre directivos empresariais, políticos e funcionarios, convertendo á Pokémon na maior trama de corrupción destapada en Galicia.
Seguiremos informando...
Rectificación: Acabamos de correxir a noticia sobre a organización do Pantín Classic despois da rectificación do diario de Pontevedra sobre o listado de empresas investigadas pola operación Pokémon. As nosas sinceiras desculpas ao PANTIN CLASSIC polo dano causado por mor desta info incorrecta sobre o sumario publicado.
Tedes + info sobre a Operación Pokémon nesta ligazón:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Operación_Pokémon
Noticias relacionadas:
http://www.eldiario.es/galicia/Correos-Coruna-candidato-PP-Ourense_0_381112232.html
{fcomments}