3º Surfing Day Movemento Nambuma Malawi en Barrañán - 20 de Xuño

Movemento Nambuma Malawi - O verán xa está ao virar a esquina, e con el chega o noso evento máis ligado ao sol e a praia, as xornadas de iniciación ao Surf. Como cada ano estarán enfocadas a todos os que estades nunha fase de iniciación a este incrible deporte, xa sexades nenos ou non tan nenos. Se o voso nivel é algo máis alto e queredes apuntarvos non dubidedes en facelo porque os profes de VAZVA estarán encantados de darvos unha master class. A data será o día de 20 de Xuño no paraíso escondido do Surfari Surf Camp de Barrañan. Como sempre a data confirmarase a semana do evento posto que dependerá moito das condicións.

Grazas de novo ao Surfari Surf Camp e a VAZVA, amigos do Movemento aos que queremos moito!

En breve toda a info para as inscricións, Vémonos na auga, boas ondas!

Móvete! Móvete!

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com