De novo coa chegada do verán e o forte crecemento do turismo de furgonetas camper e autocaravanas regresa a polémica ás redes sociais e por suposto ás praias galegas onde vemos como moitos usarios das praias montan a súa zona de acampada no propio parking da praia. Hai anos isto non era un problema xa que cando chegabas a Soesto, por exemplo, non habería máis de dúas ou tres furgonetas, hoxendía pode haber unhas 20 e 10 autocaravanas por toda-la praia.
O mesmo acontece en Ferrolterra, onde os usuarios das praias da zona están bastante cansos de ver como as autocaravanas e furgos ocupan o parking de praias. No xornal Ferrol 360 podemos ler que a policia local de Ferrol xa está a amonestar ás persoas que non respetan o parking da praia de Doniños estes días xa que segundo a lei vixente, ti podes estacionar pero non acampar, e iso significa que non podes montar mesas, sacar toldos, nin abrir as xanelas da autocaravana... isto último pode ser excesivo xa que airear o vehículo non perxudica a naide.
O que non se pode facer - Imaxe: La Furgoteta
O que é evidente é o grande aumento nestes últimos anos da presenza de autocaravanas e campers polo verán nas nosas praias e que vai ser necesario un regulamento axeitado a esta nova situación.
E ti que pensas de todo isto??
Lexislación vixente en:
http://lafurgoteta.com/legislacion-nacional-sobre-autocaravanas/#Sip-an
Novas relacionadas:
http://www.ferrol360.es/alli-no-lo-harias/
http://www.ferrol360.es/ferrol-comienza-a-sancionar-la-estancia-irregular-de-caravanas-en-doninos/
{fcomments}