Sube a temperatura da auga no Atlántico Norte

Este ano xa comezamos a notar a subida da temperatura da auga na nosa costa pero non tanto como o ano pasado. Na imaxe inferior tedes a tempo real a temperatura da auga do mare na nosa costa e como podedes ver está a 17-19ºC dependendo da zona pero de seguro que poucas semanas chegaremos aos 20-21ºC.

Isto fainos pensar que imos ter auga quente atá finais de Outubro e primeiros de Novembro asegurando o surf con neoprenos 3x2 en bo estado ou os típicos 4x3 vellos con buracos que acostumamos a sacar do armario estas datas. Un bo consello é revisar o tipo de parafina que estamos empregando e deixar de usar a parafina de auga fría por outra de auga morna ou quente dependendo do rango de temperaturas recomendadas.

Tedes + info actualizada nas seguintes ligazóns:

http://www.surfmarket.org/es/comunity/parte-de-olas

http://www.camaramar.com

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.