Despois dun excelente mes de Agosto con varios golpes de mar o mes de Setembro parece que vai traer, polo menos estes dez primeiros días, moi pouco mar. Non hai ondas nin se lle esperan, exceptuando as chustas de Pantín de cuarto metro ou algo que rascar en Soesto pero mal de vento. Haberá que seguir esperando e ver que acontece na segunda semana do mes.
Pode que en Portugal poidamos surfear un pouco máis a dirección das ondas tan do norte non parece o mellor. Paciencia e a facer algo de deporte alternativo. Debaixo tedes a previsión para o día 10 de este mes e parece que a cousa promete!
{fcomments}