Despois dunha semana moi paradiña por fin imos ter de novo varios días de surf seguidos xa que este Domingo entra un golpe de mar do noroeste con ondas de 4 metros e periodo 15 que irá diminuindo ao longo da semana ata os dous metros. Os primeiros días imos ter case nada de vento e logo entrara compoñente sur. Debaixo tedes a previsión para o domingo.
Previsión do luns 30
Previsión para o martes 1
A temperatura da auga xa comeza a baixar e vai sendo hora de coller o 4x3 e mailos escarpíns polo menos. Os máis frioleiros xa poden sacar do armario os seus 5x4 pra estar quentiños na auga.
Podedes ver o estado das praias a tempo real e as previsións en:
http://www.camaramar.com/webcams.php
Mapa de ondas
http://es.surf-forecast.com/maps/Spain/significant-wave-height/6
Windgurú na Coruña
http://www.windguru.cz/es/index.php?sc=212
Mareas na costa galega
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/maritima/mareas
{fcomments}