Nace unha nova revista de cultura urbana: Sinswell Magazine

O próximo día 26 de decembro, a editorial de Mardefondo Producións quere invitar a todos os seus amigos á presentación oficial da súa revista de cultura urbana SINSWELL MAGAZINE. Este evento terá lugar no Kannion Surf Bar de Montalvo a partir das 8 da tarde. Ademais da presentación de SinSwell Magazine tamén haberá concertos a cargo das bandas Thee Blind Crows e Dead Wood.


Esperámosvos a todos alí!!

Saúdos e bo nadal dende

www.mardefondoproducions.com

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.