As escolas da Coruña van ter que pagar 200€ por mes a Costas e Concellos


Pois as cousas pintan moi mal para moitas escolas de surf da provincia da Coruña xa que polo que sabemos por diferentes fontes e a intención dos Concellos, Costas e Deputación de cobrar 200€ ao mes a cada escola de surf. Deste xeito unha escola itinerante de perfeccionamento de rapaces xa non vai poder buscar a praia coas mellores condicións e deberan dar clases sempre no mesmo lugar a menos que paguen moitos euros.

A polémica creada polas Administración e a Demarcación de Costas ten un afan que sospeitamos recaudatorio xa que isto non acontence en ningún outro lugar de Europa. Este verán en Cornwall (UK) este ano van pagar uns 100€ por prancha e as escolas e negocios locais están moi preocupadas. O Concello de Oleiros xa aprobou a normativa e tamén afecta a outros deportes nauticos como os realizados pola Agrupación Deportiva Rías Altas (ADRA) de naútica que non ten animo de lucro. Por exemplo en Bastiagueiro haberá 12 permisos en 2 turnos e 2 permisos en Santa Cristina.

De feito xa coñecemos o primeiro caso dunha escola pechada por mor desta nova regulación. Moi triste panorama para as escolas de surf de Coruña nun futuro próximo.

E a que se van destinar todos estes cartos recaudados?? Ti que pensas?

Actualización: A FGS está a presentar accións pra facilitar o traballo das escolas itinerantes e defender os dereitos dos clubes e escolas. Pero Costas é unha Administración moi dura e non vai ser fácil que rebaixen as súas peticións. Seguiremos informando...

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.