Nemiña a vista de paxaro - Surf Costa da Morte [VIDEO]

A primeira vez que estiven en Nemiña penso que foi no ano 1995 e daquela era un lugar moi solitario. Pase 4 días durmindo nun coche e falando cos paisanos. Lémbrome dunha rapaza de menos de 15 anos que andaba con 40 vacas marelas polas leiras e soamente un par de surfeiros ingleses na auga.. agora os tempos sonche ben diferentes... Rubén Prieto presenta este fermoso vídeo gravado a vista paxaro da praia de Nemiña, as súas ondas e das instalacións das casas que ten pra alugar xusto ao comezo do areal na súa web Surf Costa da Morte.

Surf Galicia Nemiña

Poderás alugar unha casa completa con capacidade pra 5 personas con salón-cociña, unha habitación con dúas camas literas e unha individual, e unha segunda habitación con cama dobre. Un minibaño con ducha e lavabo e outro con wc e lavabo. Lavadora, forno, frigorífico... todo o necesario pra vivir.

Prezos da casa completa:

  • 300€/finde (permitindo abarcar 3 días)  -opción non disponible en agosto-
  • 600€/semana
  • 1000€/quincena
  • 1800€/mes

Tamén ofrecen servizos de escola de surf, mergullo, rutas de kayak, yoga, fotografía, rutas a caballo e obradoiros varios.

Tedes + info en:

http://www.surfcostadamorte.com

Nemiña Surf Galicia

{fcomments}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.