Presentamos Nordeslizamento, unha nova iniciativa na rede dende a costa ártabra. Este blog dirixido por Pablo López ten fotografías de ondas, surf e bodyboard. O seu autor comentounos o seguinte sobre este proxecto:
"Moitos de nos facemos da fotografía unha extensión do que vemos e sentimos nun baño. Queremos captalo, queremos recordalo. Levo pouco tempo tirando en dixital(veño da analoxica), ainda estou iniciandome e loitando cos pc's, ainda asi espero que nas minhas fotos se reflexe a intensidade que o mar e as ondas provocan en min. Amor e respeto polo mar e polas persoas."
Podedes visitar Nordeslizamento premendo nesta ligazón ou na imaxe seguinte: