Xa te podes apuntar nas clases de Ioga na praia que van ter lugar os luns, martes e xoves na comarca do Val Miñor impartidos por Giorgia Bulzacca, surfeira italiana afincada na praia de Patos dende hai varios anos. Se queres asisitir podes contactar por teléfono no 600865579 pra ter máis información de horarios e prezos.
A práctica do Ioga é un gran aliado do surf xa que te axudará a mellorar a estabilidade e axilidade á hora de surfear. Tamén axuda á concentracion, a estirar os teus musculos e a túa columna, mellora a flexibilidade e a condición física.
{fcomments}