Pure Surfing pecha as súas portas o 15 de Outubro

Pure surf company Coruña

O próximo día 15 de outubro Pure Surfing Co. pechará as súas portas. Atrás quedan 18 anos de andaina que nos deixan grandes recordos, moita satisfacción e, sobre todo, grandes persoas que se cruzaron polo noso camiño. A partir do 1 de outubro e, só ata o 15 de outubro faremos unha LIQUIDACIÓN TOTAL na maioría dos produtos expostos. Incluíndo unha selección de táboas de surf, neoprenos, todo o snowboard, calzado, cazadoras, pantalóns, apparel, libros, gorras, cintos, beanies, mochilas, lentes, botas snowboard, accesorios...

Podes atopar marcas como Carhartt, Vans, Brixton, Electric, Pure, Lakai, Nike, Levis, Burton, RVCA e moitas marcas máis. Haberá descontos de ata un 75% nalgúns artigos!!

Os vales emitidos en vigor deberán ser trocados por produtos antes do 15/10. Despois desta data, desgraciadamente, quedarán anulados. As garantías dos artigos adquiridos seguirán sendo válidas ata a súa data de caducidade. Agradecemos a todos os clientes e amigos que achegastes o voso granito de area a este proxecto.

Sen dúbida este é un bo momento para reflexionar sobre onde queremos estar e ese lugar é xunto ás ondas, que impulsaron esta empresa desde o principio.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.