Voltan os Papa Noeis surfeiros a Patos


O vindeiro día 23 de Decembro ás 11:00 horas chegan os famosos Papa Noeis surfeiros á praia de Patos e como en anos anteriores tamén solidarios. Santa Claus non se despraza en trineo por estas latitudes, faino sobre a táboa de surf, máis por diversión que para poder carrexar os agasallos dos nenos. Van 11 edicións nas que celebramos o Nadal ao grande cos seus Papa Noeis surfeiros, que cambian o tradicional abrigo, por traxes de licra de cor vermella.

Trátase dunha iniciativa dos Patos surf clube en colaboración co Concello de Nigran, que leva xa 11 anos cumprindo con este rito para celebrar o Nadal collendo ondas, aínda que isto poida parecer máis propio das cálidas augas australianas (de onde xurdiu a idea) que das xélidas galegas, sobre todo nesta época do ano que o frío apreta.

O reto deste ano é superar os 100 Papa Noeis e ó acabar tomaremos uns doces do Nadal e chocolatada con lambonadas. Este ano tamén colaboremos cos servizos sociais de Nigrán. Pedimos a cada participante que asista a esta xornada que traia 1Kg de alimento. A poder ser non perecedoiro (pasta, arroz, legumes, etc.). Tamén pode ser cacao, leite, doces do Nadal, etc... Calquera alimento será ben recibido.

Este orixinal baño xa se converteu en toda unha tradición no municipio de Nigrán, á que cada vez se apuntan máis amantes das ondas e porque ademais é unha xornada de achegamento gratuíto a este deporte.

Esperámosvos a todos e dámosvos as grazas por anticipado polo voso apoio a esta causa

+ Info: Presidente Patos surf clube - Pedro Novalbos Tlf: 630 95 46 91

Fotos de anteriores eventos grazas a Novalbos! 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.