A empresa de alquiler de autocaravanas en Galicia, Compostela Campers, proponnos a experiencia «Galicia surfing», con alugueres especializados en surfeiros que aúnan campers gran volume dotadas de todas as facilidades e accesorios complementarios para o teu aluguer e estancia, como barras de teito para levar táboas de surf, pádel boards, kaiaks, cadeados de combinación para gardar as chaves, kits para mascotas, etc.
Se vos decidides a contratar esta experiencia, Compostela Campers orientaravos sobre as condicións de ondas e tamén vos recomendará as mellores zonas da nosa costa en función das condicións meteorolóxicas, nivel de surf, surfshops, restaurantes, aparcadoiros e todos os servizos que necesites durante as vacacións.
Ademais dos extras dispoñibles, as campers contan con todo o equipamento de serie que varía en función da categoría do vehículo, aínda que todos dispoñen de toldo e portabicicletas, ademais de baca superior de teito. Contan tamén con material de cociña completo, incluíndo vaixela e xogo de cubertos suficiente para as persoas que poden viaxar, ademais de neveira portátil, televisión e roupa de cama e aseo completa.
Compostela Campers recolle e entrega aos seus clientes no aeroporto de Santiago de Compostela e nas súas propias instalacións nesta mesma cidade.
É importante ter en conta que Compostela Campers ofrece ofertas para alquileres de autocaravanas en Galicia de longa duración para surfear, independentemente das datas.
Unha excelente opción para grupos de 2, 3 e 4 surfeiros que queiran compartir os gastos de vehículo e estancia, podendo durmir enfronte das mellores praias e picos da nosa costa, saboreando os nosos amenceres e postas de sol desde primeira liña de praia.