Slashboards e Artsurfcamp presentan un novo Surf Center en Razo

O novo Surf Center de Slash atóparase na praia de Razo, en Carballo (A Coruña) no campamento e escola de surf Artsurfcamp. Esta marca de renome no panorama de surf estatal bríndanos a oportunidade de proporcionarlle aos alumnos da escola unha amplia gama de formas de tablas e diferentes medidas para que proben e entendan a importancia de surfear cunha tabla ou outra dependendo do estado do mar. 

Marcos Slash, o shaper que lle da forma e vida a estas tablas será un dos convidados ó Artsurfcamp para que clarifique as dúbidas dos rapaces. O junior galego e monitor iniciador do Artsurfcamp e recente fichaxe de Slash xunto co asturiano Guillermo Alonso tamén estarán aportando as súas vivencias e puntos de vista.

O surtido de tablas co que contaremos consta do máis destacado do seu catálogo elexido por Iker Elorrieta, desde single fins, retros e evolutivos ata as máis lixeiriñas para manobras máis radicais. Poderálas ver todas na tenda de surf Teiron en Carballo.

 

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.