Este pasado luns levouse a cabo a posta en común da carta de solicitude para comezar o proceso de candidatura da Reserva Mundial de Surf na Costa da Morte. No acto participaron os representantes dos concellos da Costa da Morte e o grupo promotor da candidatura.
Os puntos de encontro foron o MUSEO MAN Camelle e o Cemiterio dos Ingleses, lugares simbólicos para a argumentación da candidatura.
Estes son os principais criterios que Save The Waves avalía para outorgar o recoñecemento de World Surfing Reserve:
1) Unha onda moi importante a nivel internacional ou unha serie de ondas de gran calidade.
2) Características ambientais únicas ao longo de vias claras para as protexer.
3) Unha rica cultura e historia do surf.
4) Forte apoio e capacidade da comunidade.
O programa World Surfing Reserves de Save The Waves non só protexe o medioambiente, é unha iniciativa de sustentabilidade integral.
Busca protexer o entorno das ondas económica, cultural e socialmente, de xeito que poidamos seguir desfrutando do indescriptible pracer de deslizarse polas ondas do noso territorio dun xeito digno.
Tedes máis info na páxina de Facebook oficial da candidatura:
https://www.facebook.com/costadamortewsrcandidature