Novos pasos da Candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf

Surf Costa da Morte - Galicia

A CMAT continúa apoiando a Candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf tras superar a primeira fase

A CMAT estivo presente o pasado venres 12 de xullo na convocatoria do Grupo Promotor da candidatura de Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf. A Praia de Razo foi o escenario escollido para comunicar que a proposta presentada a “Save the Waves Coallition superou a primeira fase do proceso selectivo.

Acompañando á CMAT como ente xestor do xeodestino Costa da Morte na convocatoria aos medios do pasado venres, estiveron presentes diferentes membros do Grupo Promotor como a Deputación da Coruña, representantes de diversos organismos públicos e grupos de interese sectoriais.

Os criterios que fixeron prosperar a candidatura da Costa da Morte como Reserva Mundial de Surf nesta primeira fase foron, segundo se declarou, o peso do surf na cultura e historia do territorio, as características ambientais da zona, a calidade e consistencaa das ondas e a aposta polo proxecto por parte de entidades locais. Neste último criterio inclúese o apoio da CMAT, así coma de outros grupos de interese sectoriais.

A seguinte fase do proxecto, que se retomará trala época estival de máis actividade no sector do surf, comprenderá a mellora e ampliación da candidatura. Nesta mesma incidirase na importancia dunha oferta de deporte sostible e respectuoso co medio ambiente do territorio.

A CMAT continúa involucrándose neste proxecto, posto que comparte os seus obxectivos cos do Plan de Acción para o Turismo da Costa da Morte 2019-2021, onde se recolle o surf e outras actividades náuitco deportivas como claves no
desenvolvemento turístico local.

De prosperar, convertería a este territorio na primeira Reserva Mundaal de Surf declarada no Estado, a segunda en Europa; trala portuguesa Ericeira, e na doceava a nivel mundial.

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.