"A túa Primeira Onda" I.E.S. do Castro e limpeza da praia de Patos

O pasado venres 8 de maio o Patos Surf Clube impartiu unha das súas xa famosas "A túa primeira onda", cursos gratuítos de iniciación ao surf. Pero nesta ocasión tratábase de facer un acto de voluntariado por parte dos alumnos inscritos á actividade. Unha limpeza da praia de Patos despois de gozar dunha clase de surf.

Foi o propio centro do IES do Castro en Vigo o que expuxo desde un primeiro momento a actividade.

Foi unha labor fantástica e unha maneira de ensinar aos nenos desde un primeiro contacto co deporte do surf que hai que preocuparse de deixar a praia mesmo mellor do que estaba antes de chegar nós.

A praia é o noso centro de lecer durante todo o ano polo que debemos mantela limpa. Agradecemos estas iniciativas de institucións públicas e esperamos que se animen máis centros e asociacións a programar actividades deste tipo sempre co total apoio do Patos Surf Clube.

Moitas grazas aos alumnos de 1º da ESO do I.E.S. do Castro e parabéns a Iria polo seu traballo.

Fonte orixinal:

http://patosurfclub.blogspot.com/2009/05/tu-primera-ola-ies-do-castro-y-limpieza.html

 

 

 

 

 

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.