Os dias 26, 27 e 28 de XUñO asistiremos ao primeiro Curso Presencial de Monitores Nacionais de SUP Nivel 1 que se celebra en Galicia. Modalidade redescuberta dentro do mundo do surfing, toda unha nova experiencia para adestradores, monitores e surfeiros en xeral que descubrirán a experiencia do SUP para transmitilo aos seus alumnos.
O curso desenvolverase en SOULSURFINGSCHOOL, na sede da escola se impartiran as clases teoricas, as prácticas serán nas praias de Santa Cristina e Bastiagueiro (A CORUÑA). Toda unha oportunidade para comezar a tempada de verán cunha nova titulacion e novos alumnos interesados en aprender a SUPear...
HORARIO:
Entre as 9:30H pasarase lista. Ás 10:00H. repartirase o material didáctico seguido dunha charla informativa de como se sucederán os días de curso. Lembramos que os horarios son intensivos e que o 90% trascurre na auga.