Oeste publica un libro sobre o Campionato A Lanzada 09

Oeste diversifícase e amplía un pouco máis o seu horizonte, e esta vez faino pondo en funcionamento A Editorial do Oeste, a mellor maneira que atopan de dar xeito a pequenos proxectos baseados na produción propia e na colaboración de todos os que pasan por aquí. Oeste acaba de publicar o seu primeiro libro A Lanzada 09.

O primeiro traballo da Editorial do Oeste é A Lanzada 09, un libro de 34 páxinas no que se recollen as fotografías feitas por uns cantos fotografos o 7 de Febreiro de 2009, durante o Campionato de Surf A Lanzada. As fotos de Pilar Zapata, Yasmina da Torre, Benito Oliveira, Bernardo Diéguez, Julián Calvo, e as de Oeste, estarán dispoñibles aquí neste libro a partir deste próximo luns día 6.

Estamos especialmente satisfeitos con este proxecto, e máis aínda co feito de que sexa a colaboración de todos estes fotografos o que nos permitiu editar este libro, o primeiro, esperamos, de moitos.

Ver libro online: http://www.blurb.com/books/752664

Tedes toda a info na súa web:

http://www.oestesurf.com/a_lanzada_09

 

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.