Travesia Razo - Malpica : 9 de Agosto

O 24 de xuño do pasado 2008 no blog de Surfing life by Dani houbo un intento de convocatoria pra realizar unha travesia dende Razo ata Malpica, pero por unhas cousas ou outras nunca se falou de novo do tema. Desta vez a cousa xa está en marcha. O Domingo 9 de agosto terá lugar a saída dende a praia de Razo, diante do Bar "O Cordobés".

Percorrido da proba

Datos do evento:

DATA : DOMINGO "9 DE AGOSTO"

LUGAR DE SAÍDA : PRAIA DE RAZO , DIANTE DO "CORDOBES"

HORA : 09:00h DA MAÑANA

MODALIDADES :

- REMADA TRADICIONAL En prancha ou longueirón (RECOMENDABLE UN LONG COMO MINIMO)
- SUP (surf en pé)
- Ou como queirades...

DISTANCIA PERCORRIDA : 10Km

COMIDA E CERVEXA DE CONFRATERNIZACION EN MALPICA E REGRESO

Se por mor do tempo hai trocos na proba avisarase no blog da organización do evento.

Como non é unha competicion , senón que é unha aventurilla de dous amigos aberta a quen se queira apuntar, hei de dicir que non hai ningun tipo de organizacion nin plan de emerxencia.

Notificaremos o plan debidamente a proteccion civil por se se queren achegar nun momento dado desde a praia coa Zodiac, pero nun principio a unica axuda con que pretendemos contar é a da xente que nos vaia a buscar no coche á nosa chegada a Malpica para poder volver a casa, asi que sobre este aspecto, todo o que se apunte debe organizarse pola súa conta.

Para calquera consulta, podedes facelo no blog de Dani ou ben podedes escribir un correo ao seu enderezo:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A continuacion déixovos unha imaxe sacada de Google Earth cun trazado aproximado da travesia e a distancia percorrida.

 

Fonte orixinal: http://surfinglifebydani.blogspot.com/2009/07/travesia-razo-malpica-9-de-agosto.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.