REI ZENTOLO continua a apoiar as iniciativas de Surf e Bodyboard Galegos

REI ZENTOLO continua a apoiar as iniciativas de Surf e Bodyboard que se fan en Galicia. Ademais do apoio as figuras do bodyboard galegas que compiten nas diferentes categorías, REI ZENTOLO continúa a facer un esforzo de patrocinio dos diferentes eventos de surf e bodyboard que se dan nas nosas costas.

Durante os próximos dias, non só participará como patrocinador da proba do Campionato de España que se desenvolverá na praia da Lanzada, promovida polo Concello do Grove, e na cal tódolos participantes recibirán unha camisola cun deseño exclusivo da marca; senón que tamén será patrocinador da proba do Campionato de Body Board que se fará en Lariño.

Esta empresa ten acordos de patrocinio da imaxe con representantes de tres xeracións destes deportistas galegos da praia.  Rubén Deza “Pincho”, de 26 anos, 35º Circuito mundial Open, 9º Circuito europeo Open, 3º Circuito estatal Open, e varias veces Campeon de Galicia Open. Ciro Barcala, de vinte anos, xa subcampion estatal no ano 2006, e noveno no campeonato galego no 2008. E, por último, Victor Vidal, unha pequena promesa de quince anos de idade, e que iste ano competirá nos circuitos estatal e galego, tanto na categoría  Junior como na Open.

Máis info en: Rei Zentolo aposta polo bodyboard galego



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.