O terrible mundo das quillas

Ogrobesurfing.blogspot.com - Isto das quillas é un mundo para perderse ou para perder a cabeza, deseños feitos por enxeñeiros, surfistas de renombre, modelos especiais. Praticamente o mundo das quillas é tan amplo como o mundo das tablas. Forma parte da evolución do surf, pero cando parará, máis ou menos agora mesmo o deseño das tablas, en especifico das tablas cortas, usadas en competicións como a WCT está asentadas (ou iso parece), para cando se asentará o mundo quillero, para cando se decidiran se é mellor 3 quillas 4 quillas, ou seguirán buscando a perfección como fan os deseñadores dos barcos da copa américa. Aquí deixovos o meu particular analise dun catálogo de FCS.


FCS presenta as súas quillas por categorias dependendo do peso do surfista, por tipo de materiais como o carbono, epoxy e diferentes misturas, por maniobrabilidade, pivotaxe e agarre.

Chegando aquí pode ser que a seleción dunha quilla sexa sinxela, como todo fixo de veciño buscando a mellor segúns os patrons que usa FCS (maniobrabilidade, pivotaxe, agarre), atopamos que todos os seus modelos que son 42 en Thruster Fins, é dicir 3 quillas, os patróns son prácticamente iguais cambiando lixeiramente algún factor, ou cambiando as medidas XS, S, M, L, XL (que van en relación directa co peso do surfista como ben dixen un pouco máis arriba).

En quillas para Quad Fins, 13 moldelos distintos, segue a mesma diámica.

Chegando ata aquí e tendo en conta que un xogo de quillas saenos nuns 70 €, vendo este catálogo, chego a conclusión que os parámetros eses de Drive, Pivot e Hold foron postos a ollo ou simplemente nin se molestaron en medilos, ou saen todos os modelos da misma máquina sin variación, excetuando medida e cor, onde quedou toda a indovación e experimentación?.

Na outra cara do catálogo están as que máis me interesan, as Specialty Fins, quillas para Twin fin (retro) e modelos extraños como o PC-CRV , K-FLEX ou as extrañas 3D Red Tip, aquí xa non hai patróns nin nada, quedan marxinadas sendo as máis curiosas e as que calquera lle gustaria probar. Aquí vos deixo un relato sobre unha de esas quillas que parecen renegadas

Parece ser que todo é comercio e facturación mecánica sen máis.

Unha vez máis demostrase o refrán "Colle fama e botate a dormir".

Artigo orixinal: http://ogrobesurfing.blogspot.com/2009/10/o-terrible-mundo-das-quillas.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.