Aberto o prazo de inscripción como Deportista Galego de Alto Nivel

A Federación Galega de Surf informa que xa está aberto o prazo para solicitar ser recoñecido/a como deportista galego de alto nivel. Os deportistas e as deportistas galegas que queiran ser recoñecidos como deportistas de Alto Nivel deben:

  1. Estar empadroados ou empadroadas nun concello galego.(Presentar certificado de empadroamento)
  2. Ter máis de 16 anos.(Presentar fotocopia DNI)
  3. Ter licenza deportiva por unha federación galega dende antes do 1 de xaneiro do ano anterior ao de presentación da solicitude. (Escrito de que debedes solicitar a FGS)
  4. Non estar cumplindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva.
  5. E acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade que practique.

A solicitude (preme eiquí pra descargala), selada e asinada pola Federación, debe presentala o deportista ou a deportista, nos meses de xuño ou novembro na Dirección Xeral para o Deporte ou nas delegacións provinciais da Consellaría de Cultura e Deporte.

Web da Federación: http://www.fgsurf.com/

Nestas ligazóns tedes máis información ao respecto:

http://www.deportegalego.eu/imxd/programa/doc/1161684003Decreto_6_2004_DGAN_en_galego.pdf

http://www.deportegalego.eu/imxd/programa/doc/1161684040Criterios_DGAN_xuno_05_en_galego.pdf





Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.