Ohana Surfboards: nova marca galega!

"Ohana surfboards" é o nome da nova marca de táboas de surf feitas en Galiza.

Emerson e Borja son os creadores desta interesantísima proposta que nos ofrece táboas de surf de alta calidade que seguro que pronto poderás ver polas praias galegas.

Emerson é un surfeiro increiblemente bo, cun surf potente e innovador que é do mellorciño que hai nas nosas costas, seguro ao 100%, ademais é o shaper da marca e leva nas súas mans miles de táboas o que abala a calidade das súas shapes. Borja tamén surfea moi ben, radical e gústalle voar, entre os dous forman un equipo excepcional de traballo.







Emerson e Borja comprobando a prancha de Fabian Rubio


Fabian testando a nova prancha


Ohana = familia en hawaiano


Primeiros encargos


O facho que pronto verás nas praias galegas.

Este é o numero do seu taller, que se atopa na zona de Baldaio, e no que podes facer encargos, ademais de arranxar os golpes con moita calidade: Telf: 661 836195

Web de Ohana Surfboards: http://olasdegalicia.blogspot.com/

Artigo orixinal en: http://jahgoyelsurf.blogspot.com/2009/11/ohana-surfboards.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com