Suso Ben - A semana pasada, malia o temporal, Malpica estaba fermosa, con boas ondas, pouco vento (para o que soplaba ese día) e sen ninguén no auga. Eu boteime coa marea chea e estiven so pillando unhas boas dereitas enfronte do aparcadoiro. Cando saía entraron dous rapaces, un deles era de Murcia, son os "protas" do video. A min as liñas de Malpica hipnotízanme, por iso collín a cámara e grabei todo o que puiden ate que empezou a diluviar. Iso si, botaba de menos máis artistas naquel precioso escenario.
Video orixinal: http://vimeo.com/7672291
Blog de Suso Ben: http://pixualsurf.blogspot.com/2009/11/as-ondas-de-malpica.html