Nace o Centro de Adestramento Oeste Surf

<Oeste segue medrando, neste caso comeza un novo concepto dentro da oferta dos Clubes de Surf. O Centro de Adestramento Oeste Surf nace coa idea principal de mellorar as capacidades físicas do surfeiro: Forza, Resistencia, Flexibilidade, Equilibrio e Técnica.

Esta nova iniciativa non se trata dunha escola convencional si non que se queren centrar na mellora física e técnica dos alumnos, de calquera idade, sexo e nivel.  Incluso preparando rutinas de adestramento a distancia.

Para iso, e da man do Técnico do Clube realizaranse adestramentos enfocados á mellora dentro e fose da auga. Constando de dous modos de adestramento:

A)    Preparación Física en xeral.

Todos os luns de 20:30 a 22:00 No Pavillón da Xunqueira en Pontevedra.

Prezo:

Federados con Oeste 20 €/mes.

Non Federados 25 €/mes.

B)    Adestramento Técnico.

Con gravación en vídeo, realización de exercicios específicos, técnica e táctica de competición, visita a distintas ondas.

Prezo e horario: Consultar co Técnico.

Até Xaneiro faremos sesións de proba sen custo algún para quen queira probalo.

O adestramento realízase seguindo as técnicas do Campión do Circuíto 2009, Mick Fanning con Fitball,  Bandas Elásticas, Balance Board... e adecuando o adestramento ao obxectivo de cada surfeiro. E podemos preparar plans de adestramento a distancia.

Podedes porvos en contacto co Técnico do Club Antonio Ventín (Perry) no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Fonte do artigo: http://www.oestesurf.com/$weblog/2009/12/14/centro_de_entrenamiento_oeste_surf

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.