Papa Noeis Surfeiros en Patos 2009 [VIDEO]

Patos Surf Clube - Como é tradición por estas datas o Patos Surf Clube, co apoio da Escola galega de surf do Concello de Nigrán, inaugurou este nadal cos seus famosos Papa Noeis surfeiros. Este ano batemos a marca de asistencia chegando ao centenar de surfeiros que abarrotaron a praia surfeando vestidos de Papa Noeis surfeiros. Toda unha marca a nivel europeo que fai desta actividade todo un referente nestas datas tan sinaladas na nosa praia de Patos.

Para a nosa ledicia luciu un sol estupendo e puidemos gozar da nosa actividade favorita con boas ondas e moi bo ambiente. Ao finalizar a sesión de surf todo o mundo que asistiu puido tomar un chocolate quente e uns doces típicos do Nadal para quentar un pouco o corpo. Esperamos que cada ano podamos reunirnos desta maneira e celebrar o nadal practicando o deporte que nos apaixona. Dende o Patos Surf Clube desexámosvos unhas felices festas e boas ondas para o ano que vén.

Embaixo tedes as fotos desta xornada festiva


Tedes todas as fotos en Facebook. Faiche amigo de Patos Surf Escola para poder velas.

Graciñas a Diego Armada e Pedro Novalbos polas fotos e a info

Patos Surf Escola no Facebook: http://es-la.facebook.com/people/Patos-Surf-Escola/100000530663766

Fonte orixinal: http://patosurfclub.blogspot.com/2009/12/papa-noel-paso-por-patos-y-surfeo.html


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.