Xornada Navideña da Prado Surf Escola

Este pasado sábado 26 de decembro o Prado Surf Clube celebrou a súa tradicional Xornada de Nadal, nesta ocasión pola mañá todo-los alumnos e monitores da escola gozaron dunha sesión de surf vestidos de Papa Noeis como marca a tradición australiana. Posteriormente o clube convidou a todo-los asistentes a uns petiscos na mesma praia.

prado surf escola 2009

Para pechar a xornada, pola noite realizamos a gala anual do clube no Hotel Sotomayor na cal proxectamos as mellores imaxes das actividades que realizamos durante o 2009 e unha selección de vídeos dos alumnos nos 3 niveis nos que traballa a escola: iniciación, perfeccionamento e adestramento.

prado surf escola gala 2009

Velaquí tedes o video das mellores imaxes da Prado Surf Escola 2009


Para máis información:

PRADO SURF ESCOLA

Tlf. 653 929 347

Adrian Seoane: email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

www.pradosurfescola.com

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.