Nova marca de roupa "Surf Costa da Morte"

Surf Costa da Morte - Cando decidín facer sudadeiras para os "catro amigos" que seguen o blog, nin se me pasou pola cabeza que ía a chegar a este punto (130 pedidos en menos de un mes!), pero xa que a cousa parece que avanza, decidín intentar facer as cousas ben. A semana pasada rexistrei a marca "surf costa da morte" co seguinte logo

Photobucket

A partir de agora, os deseños que saque, sexan como sexan, levarán ese logo en miniatura nalgún lado da prenda como distintivo, cual cocodrilo de lacoste, pero con máis clase. Hoxe saltei o muro do veciño para disfrutar do seu estudio de fotografía que ten montado en casa, con flashes profesionais, paraugas reflectores...etc e ademais de aprender un par de trucos aproveitamos para sacarnos unhas fotos coas sudaderas e algunhas das cores que están saíndo

Photobucket

Aquí temos a Yaiza posando cunha sudadera último modelo ;) anticipándose á moda que arrasará no mundo enteiro este inverno xD

Photobucket

Roberto, cazador cazado cunha sudadeira azul marino zafiro. Vaia xoias de cámaras que ten o condenado.

Photobucket


Photobucket

Tamén fixen un chaleco con un montón de bolsillos pola parte dianteira (moi de fotógrafo:) que non quito de encima

Photobucket


Debido ao coste do rexistro da marca que teño que intentar amortizar e do choio que me deron estes pedidos (envíos, pagos, impagos, quedadas, chamadas, tallas que non serven...etc), tal e como avisei, decidín dar por rematada a "oferta de lanzamento" e as sudaderas e chalecos pasan a costar 30 €

Ademais, se pretendo que algunhas tendas (como Raz a partir da semana que ven) vendan algunha sudadera miña, non podo pretender facerlles a competencia cun precio tan ridículamente barato.

Ademais das sudaderas, podedes escoller calquer tipo de prenda nos seguintes catálogos e eu adapto este primeiro deseño da mellor forma posible, facendo un precio do máis económico. Só tedes que consultarmo.


VALENTO
ZIRAKETAN

Podedes facer pedidos en: http://surfcostadamorte.blogspot.com/2009/12/sudaderas-chalecos-bueno-bonito-barato.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.