A empresa basca Wavegarden está desenvolvendo unha nova onda artificial na cidade inglesa de Bristol. Nestes momentos están tramitando as licenzas co obxetivo de abrir na primavera do 2013. Esta vai ser unha boa oportunidade de comprobar o potencial e a rendabilidade deste proxecto comercial xa que vai ser posible que xente de zonas de interior poidan sentir o surf.
Aquí tedes a terceira entrega do primeiro campionato de surf Trofeo Concello de Nigrán organizado na praia de Patos por Frus e Novalbos.Neste vídeo tedes as semis e as finais con moitos míticos riders galegos daquelas datas. A voz de Carlos Riera soa pola megafonía e é unha parte importante neste documento histórico do surf galaico.
Estes días abriu Piratas, unha nova escola de Paddle Surf nas Rías Baixas, da man de Sergio Lage. O Paddle Surf é unha modalidade complementaria perfecta para os días de pouco mar e ondas pequenas. Tamén podedes facer rutas pola costa e disfrutar do mar na compaña dos vosos amigos. Tedes servizos de clases de paddle surf, aluguer de material e rutas polo río Lérez e a Ría de Pontevedra.
Velaquí tedes un fermoso vídeo coas alumnas de Van Surf School na Mariña como protagonistas prinicipais. Catalina e as súas amigas mostran o divertido que é aprender a surfear nunha praia segura e con ondas pequenas. Se vivides perto de Viveiro e queredes aprender a facer surf soamente tedes que contactar con eles na súa web www.thevansurfschool.com
O vindeiro mes Liquen Concepts vai presentar un vídeo longo de surf con 15 minutos de surf e bodyboard gravados en diferentes spots da costa galega durante o 2011. Este vídeo é un adelanto do que ides poder ver... seguiremos informando.
Aledámonos moito de poder publicar que xa está na Rede a nova web de Zorlak Surfboards. Walter Nieto é o shaper e manager deste obradoiro de surf nas Rías Baixas e agora xa podedes ver o seu catálogo online e contactar pra lle solicitar info ou facer pedidos. SurfGZ promove o apoio aos shapers locais como xeito de potenciar o surf galego e a nosa propia industria. Non merques pranchas de fora se podes surfar 100% galego!
Velaquí tedes o novo traballo de Fotosplino gravado este sábado pasado en Mougás, unha das costas máis bravas do noso país, na compaña de varios riders das Rías Baixas. Ondas pequenas e moi pouco fondo fixeron posíbel esta sesión de tubos enriba das rochas.
A ASP International estreará este ano unha nova política antidoping entre os mellores riders mundiais nas probas do Campionato Mundial de Surf 2012. Esta medida foi tomada por consenso entre todas as partes e ten como obxectivo axudar a mellorar a imaxe do tour e facela máis profesional.
Os 34 surfeiros e as 17 surfeiras que competirán no World Tour someteranse a este tipo de controis durante os eventos que se fagan por todo o planeta. O modelo empregado será o recoñecido pola Axencia Mundial contra a dopaxe (WADA) que ten unha listaxe de sustancias prohibidas e diferentes procedementos pra facer os tests de dopaxe.
Velaquí tedes un novo vídeo do Prado Surf con imaxes dos riders do seu equipo. Máis de 7 minutos de surf en diferentes spots da nosa costa e moito talento con futuro da canteira das Rías Baixas.
Velaquí tedes as fotos máis fresquiñas da Ría de Pontevedra da man de Benito Oliveira con fermosas imaxes de tubos, dereitas e esquerdas nun día de ceo azul e brillantes cores no mar. Todo un espectáculo na auga!
Nova producción de Lodofilms con dúas sesións de surf de Pablo Montero, Will Ogilvie, Diego Alvarez, Juan Fernandez nun día de frío, sol e ondas pola zona da Coruña.
Primeiro vídeo da VKKM neste ano con imaxes de Gony Zubizarreta en Ericeira na compaña de Hodei e Marlon. Moitos tubos e manobras espectaculares da man dun grupo de élite do surf europeo.
Nova vídeo de Liquen Concepts con fermosas de ondas na coste norte galega, tedes imaxes de Illa Pancha rompendo baleira e enorme, outros spots e unha superonda de Iván Manso a peito con tubo incluido. Unha fermosa obra de arte. Filmado e editado por Samuel Simo e Pablo López.
Este domingo aproveitamos pra espallar unha nova publicada en Quepasanacosta.com sobre o lamentábel estado de suciedade de Nemiña, unha das praias máis fermosas da nosa costa que se atopa chea de lixo e chapapote do Prestige. Foto: Felipe Sar.
A sección europea da ASP ven de estrear nova versión web www.aspeurope.com con melloras na accesibilidade e novas funcionalidades coas que espera fortalecer a súa presenza en internet. Tamén acaban de publicar o Calendario Oficial de Eventos ASP 2012 en Europa e temos que salientar a presenza de dous eventos galegos dentro do calendario que serán o Ferrolterra Pantin Classic, os días 11-16 de Setembro con 155.000 $ en premios en metálico e unha proba de 6 estrelas ASP feminina con 40.000 $ en premios.
Prado Surf Escola - Praia de Patos - Nigrán www.pradosurfescola.com Descripción: As clases de surf, bodyboard e longboard impartense ó longo de todo o ano na Praia de Patos (Nigrán) lugar onde se ubica a sede da escola. Trátase dun precioso areal que conta con bandeira azul e que ... Concello: Nigrán Teléfono: 636 024 702 / 653 929 347 Páxina Web: www.pradosurfescola.com Visitas: 58
Fai unha Doazón!
SurfGZ.com somos uns 6.000 lectores habituais e realizamos unhas 12.000 visitas e 30.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
Ata Sempre Queima!
41 CommentsAxi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]
30 CommentsUn día na esquerda de Monteferro...
16 CommentsSesión de Tubos en Patos - 9/10/2010
16 CommentsCampaña de Apoio aos Shapers Locais!
13 CommentsVídeo do Campionato Promesas 2011
12 CommentsAviso de roubos nas praias de Ribeira!
7 CommentsAta sempre David!
7 CommentsCampionato Galego Individual e por Equipos - Soesto
7 CommentsTartaruga Surf Center abre as súas portas nas Rías Baixas!
6 Comments