A empresa basca Wavegarden está desenvolvendo unha nova onda artificial na cidade inglesa de Bristol. Nestes momentos están tramitando as licenzas co obxetivo de abrir na primavera do 2013. Esta vai ser unha boa oportunidade de comprobar o potencial e a rendabilidade deste proxecto comercial xa que vai ser posible que xente de zonas de interior poidan sentir o surf.
Se non sabedes que lle regalar a un surfeiro estas navidades podedes probar a mercarlle un Pickle Wax Remover por 14 € e deixalo contento con este novo xoguete que limpa as pranchas de surf ata deixalas brillantes. Neste video de Gony podedes ver os resultados do Pickle.
Novalbos - Decembro de 1990, despois de varios adiamentos por fin Pemán confirma que entra forte marusÃa e asà poder levar a cabo o "I Campionato de Surf Trofeo Concello de Nigrán" na praia de Patos organizado polas inesquecibles táboas Frus e os seus creadores Kike Frus e Pedro Pinies e Pedro da tenda de surf Novalbos. Non se concibÃa un campionato que non fóra no Pico de Monteferro, no medio de Patos non se surfeaba e Prado considerabámola de pouca calidade como para facer o primeiro campionato de surf, por iso tiveron que esperar case un mes ata que por fin entraron boas ondas no Pico.
Se queres conseguir un kit de limpeza gratis de Pickle Wax Remover soamente tes que visitar a súa web e facerche seguidor deste novo produto surfeiro xa que van sortear 3 kits entre todos os novos fans do Facebook desta semana.
Dende o blog de Jesús Busto copiamos e pegamos un poster dos primeiros campionatos de surf galegos celebrado na praia do Orzán en 1990 a primeiros de Outubro.Temos que destacar o traballo que fai no seu blog Desdelacroa no que podedes atopar interesantes artigos nos que fala das orixes do surf galego e os primeiros riders de Ferrolterra.
Apresentámosvos o Proxecto Harapan, unha iniciativa surfeira humanitaria que ten coma obxetivo principal promover a construcción dun centro educativo e social nunha zona deprimida da illa de Sumbawa en Indonesia. Neste novo centro máis de 2.000 nenos de Sumbawa poderán asistir a clases e mellorar a súa educación.No vÃdeo tedes unha explicación das orixes do proxecto a moitas imaxes das vilas e os nenos do proxecto.
Hoxe aproveitamos pra presentarvos AquaTerrae, unha exposición de fotografÃa de Begoña Fouz, que podedes visitar dende primeiro de mes atá finais no Bar Maricastaña na cidade da Coruña. Bego Fouz presenta as súas mellores fotos de ondas e paisaxes galegas. Non podedes faltar!
SurfGZ.com somos uns 6.000 lectores habituais e realizamos unhas 12.000 visitas e 30.000 páxinas visitadas cada mes. Mante-la web actualizada leva horas de traballo e ti podes axudar co que queiras, mesmo con 1,2,3 ou 5 euros.
SurfGZ.com vive dos anunciantes, sponsors e dos seus lectores. Se che gusta e podes, contribue a manter esta web en marcha. Graciñas!
Ata Sempre Queima!
41 ComentariosAxi Muniain "Mis Olas" [VIDEO]
30 ComentariosUn dÃa na esquerda de Monteferro...
16 ComentariosSesión de Tubos en Patos - 9/10/2010
16 ComentariosCampaña de Apoio aos Shapers Locais!
13 ComentariosVÃdeo do Campionato Promesas 2011
12 ComentariosAviso de roubos nas praias de Ribeira!
7 ComentariosAta sempre David!
7 ComentariosCampionato Galego Individual e por Equipos - Soesto
7 ComentariosTartaruga Surf Center abre as súas portas nas RÃas Baixas!
6 Comentarios