Hoxe rematamos a mudanza!

CONTEDOR.netEsta semana tivemos moito traballo por mor da mudanza de servidor. Agora estamos moi contentos de poder anunciar que todas as páxinas e os datos da web están nun servidor galego da empresa Contedor.net. Con estes trocos esperamos aumentar a velocidade de carga e mellorar a seguridade da web. Tamén grazas a este troco xa temos as URL amigabeis que nos van dar mellores posicións no index de Google.

Dende SurfGZ queremos agradecer o traballo realizado pola xente de Contedor e a axuda recibida en todo este proceso complicado. Graciñas!

Se tedes problemas pra visualizar algunha das páxinas, por favor deixade algún comentario neste artigo!

Grazas pola vosa colaboración!