The Box abre Tenda Online!

THE BOX SURF SHOPO novo proxecto da tenda viguesa THE BOX non é outro senón a apertura ao mercado nacional e europeo por medio da súa innovadora e moderna tenda online:

Toda unha nova plataforma cuxo desenvolvemento requiriu de moito traballo e esforzo levado a cabo durante meses e coa cal esperan expandir o abanico xeográfico e poder chegar, grazas á variedade de produtos, marcas, facilidades de pago e envío, a un maior número de clientes en España e porqué non, en Europa.

Desde a páxina web podedes acceder dun xeito moi doado a través dos links a cada unha das redes sociais, blogs e cámaras web que posúe a tenda THE BOX, como myspace, facebook, twitter, etc., todo co fin de poder establecer un contacto moito máis directo e persoal  tanto cos novos clientes como cos que xa ha ir fidelizando a tenda ao longo dos seus 5 anos de existencia. Ao mesmo tempo manéxase a posibilidade da creación de contas persoais para que o cliente rexistrado poida beneficiarse directamente de descontos á hora de realizar os seus pedidos.

Mentres se traballaba no proxecto, hoxe en día xa unha realidade, prestouse especial atención á información concernente a devolucións, formas de pago, seguimentos de envío, tallas, etc... e cada un destes campos está minuciosamente detallado na páxina para a consulta de todos os clientes.

E todo ésto sen deixar de lado a intención de ofrecer unha páxina funcional, actual e con gusto que rompa un pouco cos moldes establecidos até o momento en España polas tendas dirixidas a este tipo de público, sempre traballando con algunhas das marcas máis punteiras do mercado do street, skate, snow, bodyboard e surf.


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.