Convocado o Oxigeno Bodyboard Pizzbur Contest en Esteiro do Barqueiro

Esta fin de semana podedes participar na nova edición do Oxígeno Pizzbur Contest en Esteiro do Barqueiro, 4º proba Open do Circuíto Galego de Bodyboard e puntuable para o Campionato de España. A competición comenza ás 9:00 da mañán e realizarase durante todo o día. As prediccións apuntan a unha xornada de ondas de 1,5 a 2 m con vento Nordés ideal para a orientación da praia. O espectáculo está asegurado.

Galicia Bodyboard

Proba patrocinada por Oxígeno Surf, tenda-escola, Grupo Pizzbur Viveiro-Ribadeo e a Federación Galega de Surf entre outros.

Tedes + info na web da Federación:

http://fgsurf.org/novas/circuito/467-4o-proba-do-circuito-galego-open-xuvenil-de-bodyboard-praia-de-esteiro-manon.html

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com