Cristian Pérez remata na 2ª posición o Surfusiom 2009

Xa podemos celebrar outro novo éxito para o bodyboard galego. O vigués Christian Pérez ven de rematar na segunda posición a proba do Campionato do Mundo SURFUSIOM 2009 celebrado na praia de Doniños esta pasada finde. Christian rematou en segunda praza con 11.75 puntos por detrás de Dave Winchester con 13.25 puntos nunha final moi pelexada.

Foto: BG Magazine

Na semi eliminou a Guillermo Cobo e nos cuartos ao portugués Manuel Centeno. Noraboa Christian!

Resultados da proba en:

http://www.deeplysurfusiom.com/index.php?option=com_content&view=article&id=75&Itemid=66

Máis info en:

http://www.bgmagazine.es/?p=757#more-757

Fotos:

http://www.revistabaobab.es/index.php/estuvistete-lo-perdiste/surfusiom-09-sabado-5-de-septiembre/


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com