Sorky-Protection é un novo sistema de protección para os teus oídos feito de silicona e unha membrana que permite o paso da presión e non ter perdas de equilibrio.
Este mes de outubro imos facer o noso segundo test de material probando este novo producto surfeiro de Sorky-Protection e logo publicaremos un artigo no que vos comentaremos as nosas impresións sobre este novo sistema de protección de oídos.
Os protectores de Sorky están feitos con silicona e teñen un deseño ergonómico e incorporan unha membrana que permite a respiración interna do oído pero non deixa pasar a auga. Un innovador sistema que está completamente pensado para os practicantes de surf e bodyboard.
Este protector é apto para todo tipo de oídos
1º Paso: Introduce o protector no teu oído
2º Paso: Empurra o protector co teu dedo.
3º Paso: Tira da orella cara atrás.
4º Paso: empurra o protector co bastón auxiliar e xa podes ir pra auga!