Pickle Wax supera o noso Test de Material

Este mes estivemos probando o Pickle Wax que recibimos e querémosvos contar que a publicidade é certa e este produto permite limpar unha prancha de surf de parafa dun xeito rápido, cómodo e doado. Leva o seu tempo e tedes que rascar primeiro o groso e logo darlle duro ó brazo pero a prancha queda como nova. Isto é perfecto pra lle facer un bo mantemento ás nosas pranchas ou antes de vendela de segunda man.

Así quedou a primeira prancha despois de usar o Pickle Wax:

Nós probamos con 3 pranchas pero no seu blog falan dunha vida útil de ata 40 pranchas por cada pepino máxico.

Podedes ler máis cousas e ver vídeos en:

http://picklespain.blogspot.com/

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com