A Memoria do Mar

Eiquí tedes A Memoria do Mar un novo proxecto de dixitalización de fotografías sobre o mar e as súas xentes.  A cultura marítima galega é, sen dúbida unha das máis ricas de Europa. Nela converxen tanto o saber máis tradicional, onde a pesca, o marisqueo e a cabotaxe costeira conforman os seus principais alicerces, como as vinculacións marítimas con outros pobos e as navegacións transoceánicas.

Marusía na Ribeira de A Guarda

A Guarda (Baixo Miño), 1925-1930

 
Vista xeral do barrio da Ribeira durante un temporal. No segundo plano da imaxe, as ondas batendo diante das casas.

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com