Nace o Proxecto Kiskillas: unha marca galega de quillas

O pasado mes naceu na Costa da Morte o Proxecto Kiskillas da man de Chusma Surfboards co obxetivo de fabricar quillas artesanais pra pranchas retro, fish e longboards. A súa producción no é moi grande pero si a súa calidade e acabados. Se queres deixar o teu diñeiro en Galiza en vez de comprar quillas chinas podes contactar con Chusma e levar sempre postas as túas quillas de surf 100% galegas.


O Proxecto Kiskillas é unha colaboración, o deseño tanto de formas como de decoracion vai a conta de Chusma e a producción corre a cargo do seu socio Naso, agora estén en fase de desenvolvemento do producto, mais decidiron presentalo par ir obtendo visibilidade, pouco a pouco van ir mostrando quillas feitas con diferentes tecnicas e acabados.

Quilla de 4,25" en fibra maciza e tintada con azuis e verdes.

Toda a info deste proxecto en:

http://kiskillas.blogspot.com.es

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com