Chega o Noroeste Pro!!
Mércores, 24 Maio 2017 14:21

Benvidos á primeira edición do Noroeste Pro, do 9 ao 11 de xuño na Coruña, un evento que aspira a ser un referente do surf en Europa, que se celebrará na Coruña con motivo do 20 aniversario da Federación Galega de Surf e que formará parte da Liga de Surf. Un evento internacional con cadros competitivos para surfeiros galegos, nacionais e internacionais e que será sen dúbida o pistoletazo de saída da temporada estival.


Ler máis...
 
Los Niños del Mar - Barbanza 1998
Martes, 23 Maio 2017 08:32

Presentámosvos un documento histórico con imaxes de surf e bodyboard nas praias do Barbanza a finais do século XX. Neste vídeo poderás ver en acción a moitos bodyboarders míticos daquela época que foron os primeiros da zona en coller ondas.

Ler máis...
 
Nova webcam na praia de San Román
Luns, 22 Maio 2017 15:01


Grazas a Oxigeno Surf, o Restaurante Area Grande e o traballo de Camaramar.com temos unha nova #webcam na praia de SanRoman (Area Grande) #camaramar

Ler máis...
 
Ceibe Documental 2017
Luns, 22 Maio 2017 14:49

Presentámosvos o Documental "Ceibe" no que tres surfeiros de Patos, Jamardo, Luís e Miguel relatan as súas experiencias na auga e maila súa visión do surf actual. Un traballo escrito, dirixido e editado por Claudio López Vázquez.

Ler máis...
 
Wavegarden Cove - Wave Frequency
Mércores, 17 Maio 2017 09:38

Novo vídeo oficial do Wavegarden Cove coa explicación en inglés do elevado número de ondas que poden conseguir en pouco tempo. Como podedes ver no video é posíbel producir ondas cada 8 segundos na piscina experimental pero no novo deseño falan dun tempo de 4 segundos entre dúas ondas. Eles mesmos falan no vídeo de acadar 1.000 ondas por hora.

Ler máis...
 
Presentado o Open Surf Esteiro de Xove
Mércores, 17 Maio 2017 09:13


Presentado o campionato Open Surf Esteiro de Xove que vai ter lugar o vindeiro mes de Xuño na Mariña e vai contar con 2.000€ en premios. O periodo de espera é de catro fin de semanas polo que esperan ter boas condicións na auga. Tamén haberá música, comida, premios, risos e moito máis. Este evento conta co apoio da Federación Galega de Surf.

Ler máis...
 
Gony subcampión do Renault Porto Pro na Liga MEO
Martes, 16 Maio 2017 13:07

Outro excelente resultado pra Gony Zubizareta que rematou subcampión na proba Renault Porto Pro da Liga MEo. O galego non puido con Vasco Ribeiro, tricampión portugés de surf, que regresa con forza a esta competición.O evento tivo lugar a pasada fin de semana na praia de Matosinhos con boas ondas os dous días.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 534

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: