BGMag estrea novo formato na Rede!
Martes, 06 Xaneiro 2009 19:45

O magazine online galego BodyboardGaliza.com estrea un novo formato na rede e pásase ao Wordpress. Este sistema de blog vailles permitir dispor de unha web moito máis dinámica con noticias actualizadas de bodyboard. Pouco a pouco esta revista consolida a súa posición en internet grazas a calidade dos seus contidos e o dinamismo deste proxecto informativo.

Tamén ten info sobre resultados de competición, saude e unha canle de videos. Visitadeo e disfrutade!

 
Perceberantes,video galego de BB
Martes, 06 Xaneiro 2009 19:36

Dende BGmag chega o trailer do video de bodyboard editado e realizado dende Galiza por Juan Luis Gomez Frieiro. Este video amosa ondas galegas, portuguesas, canarias, chilenas e francesas e leva máis de 5.000 visualizacións no ano e pico que leva na rede.

Ler máis...
 
1º Camp Clinic 2009 con Estitxu Extremo en Ferrol
Xoves, 01 Xaneiro 2009 15:11

O Grosso Surfcamp inaugura a tempada 2009 cun Camp impartido polas dúas veces Campioa de Europa de surf Estitxu Extremo. Seguindo coa linea de docencia do Clube GROSSO, comezamos a tempada 2009 cun intenso fin de semana de Surf no GROSSO Surfcamp onde ademais de boas sesións gozarás de novas instalacións acondicionadas ao inverno galego.

Ler máis...
 
VIGO KK MAFIA HAWAII 08
Xoves, 01 Xaneiro 2009 14:57

Impresionante video de Gony e Jaji surfeando estas días por Hawaii..

Ler máis...
 
Crónica hawaiana do Patos Surf Club
Martes, 30 Decembro 2008 18:16


O 6 de outubro comezamos a nosa viaxe cara a Oahu (Hawai) catro surfeiros dos Patos Surf Club, entre eles Jose Vázquez (Fefa), Patrick Vilán, Natalia Silva e Diego Armada. Nada mais chegar á casa que alugamos para todo un mes a dona comentounos que en catro días ía entrar un dos primeiros swells de inverno na North Shore, 15 pés. Tivemos que esperar até ese día pero o día chegou. 8 pés en Pipe e para o noso asombro pouca xente na auga.

A partir de aí o mar portouse durante unha semana na que puidemos catar diferentes ondas da North Shore e flipar co nivel dos hawaianos. Sesións incribles de Fred Patachia, Sunny García e os locais de Pipe, John John e Jaime O´Brien.

Ler máis...
 
Rubén Deza estrea blog en Internet!
Martes, 30 Decembro 2008 13:54

Rubén Deza, o campión galego de bodyboard, estrea o seu novo blog Bodyboardpropincho en internet onde podes ver fotos das súas viaxes e info sobre a súa carreira deportiva.

Con esta nova web a blogesfera galega de BB refórzase e incrementa o seu tamaño. Dende SurfGZ desexámoslle a Rubén moita sorte nesta nova etapa.

Preme na imaxe do blog pra visitalo!

Ler máis...
 
Entrevista con Gony Zubizarreta
Martes, 30 Decembro 2008 10:49

O surfeiro galego Gony Zubizarreta responde á ASP nesta entrevista desde Hawai, na que fala da súa recuperación da lesión nun nocello, despois dunha boa tempada no WQS con sólidas actuacións en distintos eventos. O 2009 xa está aquí, e Gony xa está listo para volver dalo todo.


Gony Zubizarreta será un dos líderes da Armada Europea na ASP World Qualifying Series (WQS) en 2009. Despois de recuperarse da lesión de rotura dun nocello no Nixon Surf Challenge o pasado setembro, Gony prepárase para estar a lume de biqueira en Florida no mes de xaneiro.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 521 522 523 524 525 526 527 528 529 530 Seguinte > Final >>

Páxina 523 de 533

Axúdanos a manter SurfGz.com

Estimados amigos, hoxe pedímosvos que axudedes á SurfGz.com. Mantémonos grazas a doazóns dunha media de 5€ e colaboracións con escolas e marcas surfeiras que aportan cartos todos os anos pero que non son suficientes para xestionar ben o proxecto. Só unha pequena parte dos nosos lectores doan.

Se todos os que visitan o noso website doasen 10€ ó ano, poderiamos manter dignamente a web e pagar por reportaxes, colaborar con fotógrafos, actualizar a web, facer pegatas, axudar aos campionatos locais que organizan os clubes galegos e moito máis... Exacto, todo o que necesitamos é o prezo dun café ou refresco. Se consideras que SurfGz.com éche útil, dedica un minuto para mantela en liña e crecendo. Grazas.

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: