Todo preparado para o Rock&Long 2017!

Xa faltan menos de dez días pra que arranque o Festival de Longboard das Rías Baixas e no que todavía estás a tempo de participar. Podes inscribirte ata o día 28 e competir na praia de Montalvo e disfrutar da festa nocturna na compaña do mundillo de amantes do glide e dos nove pés. O evento arrancará o venres 29 de Setembro ás 19:30 coa presentación do evento e as mangas do campionato e un concerto de rock con Los Lombardi e Santos Morcegos

O sábado 30 de Setembro terá lugar o comezo da competición ás 9:00 horas. A entrega de premios será ás 20:00 no Kannion Bar acompañdos das bandas Dead Wood e True Mountains. O Domingo 1 de Outubro haberá bautismos de surf para nenos da asociación N.e.en@s, test de pranchas dos shapers presentes no Festival e sesión vermuth con Family Folks.

Prezo da inscripción 20€ con bocata e churrasco e camisola do Festival.

Este evento está organizado polo Kannion Bar, Zorlak Surfboards e Concello de Sanxenxo.

Tedes + info e contacto en: https://www.facebook.com/Rocklong-Festival

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com