Galería de fotos do Onda Longa 2010

Xa están na rede publicadas as fotografías do festival OndaLonga e da entrega de premios grazas á colaboración de Julian Foto Surf que foi o afotador oficial do evento. Son unhas 110 fotos, 80 fotos do Festival OndaLonga e unhas 30 fotos da Entrega de Premios. Dende SurfGZ queremos parabenizar a Yago Baz, Dani Alvite e Román Díaz polo éxito deste festi e polo seu traballo a prol dunha asociación galega de longueirón.


Visitar Galería de Fotos do Festival OndaLonga

Visitar Galería de Fotos da Entrega de Premios



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com