Dende a canle do Youtube de Meteovigo recibimos este novo video de surf no pico de Patos e na esquerda de Monteferro o día 9 de Outubro. As ondas superaban os dous metros e por momentos o pico estaba desfasado. Os afortunados locais que estaban na auga puideron aproveitar estas ondas e disfrutar das primeiras sesións nestes dous spots clásicos da Ría de Vigo.
Video orixinal: http://www.youtube.com/watch?v=WKhmbHP2ihY