Primeiras fotos da sesión histórica de Towin nas Rías Baixas - Bruno Novoa

Bruno Novoa - Este surfari marcou en min un novo concepto do que son ondas grandes ou do que é surfeable e o que non. Un grupo de apaixonados polo mar percorremos a costa galega dende a punta sur (A Guarda) ata a punta norte (Ribadeo) e volta pra atrás. Centos de kilometros que deron como resultado dúas sesións de tow in impresionantes.

Benjamín Sanchis no tubo

Os artistas do show foron Ben Sanchis, Naum Ildefonse, Tim Boal, João Macedo e Eric rebiére. Surfearon unha onda nova e atopamos outras con muito potencial para facer towin. Varias anecdotas, un par de visitas ao hospital por wipeouts pero sobre todo o máis importante, moi motivados para volver e probar novos retos.

Eric nunha boa onda

Aqui vos deixo unha pequena mostra do que deu de si este surftrip... e o mellor está por chegar na vindeira revista da Surf Europe. Por sorte temos unha costa privilexiada en canto as ondas e non e preciso ir moi lonxe para disfrutar dun bo espectaculo de potencia e tamaño.


Os protagonistas da sesión

Tubazo de Sancho

Eric Rebiere

Eric Rebiere ven de fichar xunto con Benjamín Sanchís por Billabong pra formar o equipo de Billabong Adventure e surfar ondas xigantes por Europa.

Video dunha das sesións

Web de Bruno Novoa: www.fotoglz.com

Bruno Novoa en Surfmarket.org: www.surfmarket.org


Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.