Small Session en Patos 20/4/2011

Velaquí tedes unhas fotos miñas da sesión do mércores pola tarde no Pico de Patos e na esquerda de Monteferro. Un día sen vento e con ondas de medio metro que non levaban forza pero que fixeron posíbel unha sesión de ondas pequenas. Na foto dabaixo tedes a Óscar "Tuberías" Prieto dentro do tubo como non pode ser doutro xeito. As ondas non daban tubo pero este local do Pico sempre atopa o camiño adecuado pra entrar na parte máis profunda da onda.

Óscar Prieto no Tubo

Kike Manero

Non identificado

Antes do baño...

Óscar Prieto

Alex

Moitas grazas a Román Iron Mountain polo longueirón e o biscoito ;)

Fai click nas miniaturas pra ver toda-las fotos ampliadas:

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2011/patosabril/patos" previewWidth="139" previewHeight="90"}{/artsexylightbox}

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.