Patos & Monteferro Surf Session


Esta foi unha boa fin de semana na Ría de Vigo con ondas poderosas rompendo na praia de Patos con fortes refachos de vento do sur. O sábado poucos riders reuniron as forzas pra entrar na auga pero xente como Mendiola, Choren, Victor Elizalde, Pozas, Tibe, Fefa, Duende entraron na auga a primeiras horas da tarde pra escapar das series e esperar a súa oportunidade no Pico.

GONY ZUBIZARRETA

A media tarde apareceu pola praia Gony Zubizarreta que se meteu no Pico pra dar un espectáculo de surf como podedes ver nas imaxes que tirei dende o parking. Gony destrozou varias ondas mais tamén estivo un bo rato mergullándose pra non comer as series grandes que pechaban.

Fai click nas miniaturas pra ver a galería enteira!

{artsexylightbox path="images/stories/surfNoticias/2013/picomarzo" previewWidth="133" previewHeight="97"}{/artsexylightbox}

{fcomment}



Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com