Nova edición "Os Patos surfean de Noite" - 31 de Agosto


De novo temos o evento nocturno máis importante de Galicia coa convocatoria de "Os Patos surfean de Noite" na praia de Patos no Concello de Nigrán este xoves 31 de Agosto. Haberá concursos, música, ondas e moitas actividades e colaboracións de varias escolas e locais de hostelaría da zona. Organiza Novalbos Surf shop e Patos Surf Escola.

Tedes + info do evento en:

https://www.facebook.com/patos.escola

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com