A Nosa Federación estrea nova Web!!

A Federación Galega de Surf ven de activar a súa nova web oficial con moitas novidades pero aínda están cousas pendentes por rematar e novos contidos que subir. Este mes de marzo esperan ter a web finalizada pero xa podedes entrar a visitala. Esta web ten novo sistema de noticias máis dinámico, unha galería de fotos, calendario de eventos, varios formularios de contacto e unha zona de descargas.

FGSURF

Esta é a nova imaxe da Federación Galega

FGSURF.com

E tamén renovan o logo (versión provisional)

Estes novos cambios son froito da renovación da Directiva e o Presidente Jose Silfo que están decididos a darlles novos folgos a esta Federación que tanto desexamos que recupere o prestixio que ben se merece pola súa laboura a prol dos deportes de praia no noso País.

Podedes visitar a nova web na seguinte ligazón:

www.fgsurf.org

Surf GZ é un xornal que promove e espalla a cultura da xente da praia en internet. Levamos traballando dende 2008 e xa publicamos máis de 5.000 novas de surf, longboard, ecoloxía, cultura, paddle surf e bodyboard. Moitas grazas pola túa visita.

Surf Galicia SurfGz.com

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.